A Deputación da Coruña levará unha caravana turística pola provincia no mes de agosto e a primeira quincena de setembro

Entradiña: 
A Deputación da Coruña anima a todo o mundo a pasarse pola caravana turística que estará presente en diversos concellos ao longo do mes de agosto e a primeira quincena de setembro
Imaxe: 
venres, 12 Agosto, 2022
Descrición: 

Dende a Sección de Turismo da Deputación da Coruña estase a realizar unha das accións de promoción turística de toda a nosa provincia. Nesta oportunidade trátase dunha caravana turística onde será posible obter todo tipo de información acerca dos concellos que a conforman, ademais de poder participar nun sorteo de experiencias de turismo activo.

As datas e horarios confirmados son os seguintes:

Sábado 13 de agosto: Na Carballeira de Zas en horario de 12 a 20h.

Venres 19 de agosto: Na Praza da Constitución do concello de Betanzos en horario de 11 a 14h e de 16 a 19h.

Sábado 20 de agosto: No Festival Irmandiño do concello de Moeche en horario de 11 a 14h e de 16 a 18h.

Mércores 24 de agosto, Xoves 25 de agosto e Xoves 1 de setembro: no Paseo Marítimo de Santa Cristina, ao lado da Oficina de Turismo, en horario de 11 a 14h e de 16 a 19 h.

Sábado 27 de agosto: No evento "Derrumbando Muros con Pintura" do concello de Carballo en horario de 17h a 21h.

Sábado 3 de setembro: No evento Festiletras do concello de Ponteceso, en horario de 11 a 14h e de 16 a 20h.

Domingo 4 de setembro: No evento Festa do Pan de Neda, en horario de 11:00 a 14:00 y de 16:00 a 19:00h no paseo marítimo.

Xoves 8 de setembro: na praia As Salseiras de Caión pola Festa de Interese Turístico de Galicia: Milagres de Caión, en horario de 12 a 19h.

Xoves 15 de setembro: No Feirón Mariñeiro de Rianxo, en horario de  11 a 14h e de 16 a 20h.