A Deputación da Coruña participa con 300.000 € no financiamento do Bono Turístico

O vicepresidente e deputado de Turismo, Xosé Regueira, destaca a necesidade de contribuír á recuperación do sector sumando forzas de todas as administración
O vicepresidente e deputado de Turismo, Xosé Regueira, e Maite Loureiro, xefa da Sección de Turismo
O vicepresidente e deputado de Turismo, Xosé Regueira, e Maite Loureiro, xefa da Sección de Turismo
martes, 18 Maio, 2021

A Deputación da Coruña achega ao programa de Bono turístico xestionado pola Axencia de Turismo de Galicia 300.000€, que supón o 31,43% do gasto das persoas beneficiaras da provincia, co obxectivo de reactivar o sector da hostalaría e restauración.

O vicepresidente e deputado de Turismo, Xosé Regueira, destaca que "a colaboración da Deputación supón unha importante achega nun programa pensado para promover o consumo no sector e contribuír a superar a crise". Continúa explicando tamén que "Neste momento todo indica que a recuperación do sector virá en boa medida do turismo de proximidade e, precisamente por iso, é necesario que as institucións traballemos conxuntamente para promocionar o consumo tanto en hoteis como restaurantes".

Esta iniciativa súmase ao apoio que a Deputación da Coruña está a realizar ao sector turístico a través de Pel Reactiva, cun orzamento de 9 millóns de euros para apoiar a hostalaría, a hospedaxe e as axencias de viaxe.