A Deputación da Coruña promociona en Reino Unido o Camiño Inglés e o Camiño Fisterra-Muxia

Entradiña: 
Encontros de traballo entre a Deputación da Coruña e autoridades británicas con competencia en turismo para promocionar as rutas xacobeas
Imaxe: 
venres, 8 Abril, 2022
Descrición: 

Estas semana a propia Casa Real facía pública a visita da Raiña Doña Letizia a Spanish Gallery en County Durham, Reino Unido.

De o 18 ata o 21 de marzo unha delegación da Deputación da Coruña e da Asociación de Concellos do Camiño Ingñes, foi invitada a coñecer a colección de pinturas de Zurbarán no Castelo de Bishop Auckland e a citada Spanish  Gallery, no marco da colaboración coa entidade gubernamental do Condado de Durham.

A delegación, encabezada por Antonio Leira, deputado de Facenda, visitou o condado de Durham  para inaugurar o segundo tramo do Camiño Inglés que pasa xusto por diante da galería de arte. A Deputación colabora coas entidades de County Durham para incrementar a presencia da peregrinación a Santiago. A comitiva for recibida por Amanda Hopgood (Durham County Council Leader), Katie Eliot (alcaldesa de Bishop Auckland) e Clare Gibbons en representación de Bisop Auckland Project. Na visita á Spanish Gallery puderon dar constancia da presencia do Apostol Santiago en tres obras diferentes:

- Retrato de Santiago Peregrino de José Ribera.

- Pintura de Santiago na Batalla de Clavijo.

- Pintura de Santiago como patrón de España.

O proyecto de Bishop Aukland é sen dúbida unha oportunidade perfecta para visibilizar o Camiño Inglés entre os visitantes, por iso mantiveronse reunións con distintos axentes políticos e sociais para buscar formas de colaboración.

Concretamente mantiveronse xuntanzas con Visit County Durham, ente xestor de turismo. Como destaca Michelle Gorman,  directora,  a promoción das peregrinacións é a sua gran aporta.  Os denominados Northen Saint Trails son un produto turístico que atopa nos Camiños de Santiago unha fonte de inspiración.

Pero Durham non é o único territorio onde a Deputación está promocionando os camiños xacobeos. Tamén en Reading está en marcha un plan para revitalizar St James´ Way, unha senda de peregrinación de Reading a Southampton. Coa colaboración da Deputación da Coruña e da Xunta de Galicia, os voluntarios da Confraternity of Saint James están a sinalizar o trazado de 110 kilómetros ao tempo que se difunde información sobre as etapas do Camiño en Galicia.

Desde Reading estan promocionando o Camiño de Santiago e proporcinando información sobre as etapas na provincia da Coruña. Ademais, acabase de lanzar un video promocional para animar os camiñantes a coñecer o Camiño Inglés.

Por outra banda, no oeste do país, en Cornwall, o itinerario cultural europeo Saint Michael´s Way, tamén oficialmente recoñecido polo Cabildo de Santiago pola súa conexión coa ruta xacobea, está en pleno proceso de sinalización coa frecha e a cuncha de vieira.