A Deputación e o Concello da Coruña participan na feira Cities and Museums Málaga coa súa aposta polo turismo cultural

O vicepresidente e deputado de Turismo, Xosé Regueira, e a alcaldesa Inés Rey asistirán á primeira edición deste foro e á Feira de Cidades e Museos que se celebra do 21 ao 22 de xuño.
O vicepresidente e deputado de turismo Xosé Regueira, a Técnica en Xestión de Proxectos Paula Cabado e a Xefa de Sección de promoción e desenvolvemento turístico Maite Loureiro
O vicepresidente e deputado de turismo Xosé Regueira, a Técnica en Xestión de Proxectos Paula Cabado e a Xefa de Sección de promoción e desenvolvemento turístico Maite Loureiro
luns, 21 Xuño, 2021

O Concello da Coruña e a Deputación provincial foron convidadas á primeira edición da CM Málaga Cities & Museums International Trade Fair, que se celebra os días 21 e 22 de xuño en Malaga, un evento que ten como centro os museos e institucións culturais na transformación das cidades. Na feira presentarase un produto novo arredor da figura de Pablo Picasso, "A ruta Picasso".

 

O vicepresidente e deputado de Turismo, Xosé Regueira, apuntou que "nunha cidade como Málaga e nun proxecto como este dedicado a museos e centros de arte e o seu impacto nas cidades consideramos de especial interese que estivera presente o Concello da Coruña". A alcaldesa, Inés Rey, destacou o vínculo "picassiano" que Málaga e A Coruña gardan, irmás desde o ano 2013 na memoria de Pablo Picasso, e sinalou que "ambas as cidades son as únicas que conservan en forma de museo unha vivenda onde residiu o artista malagueño". A alcaldesa participará o día 22 nunha mesa de debate cos seus homólogos de Logroño e Teruel, discutindo sobre a dimensión turístico-cultural nas novas urbes.

 

A Deputación da Coruña contará cun espazo propio na feira, no que se difundirán os principais recursos culturais, rutas, eventos e centros da provincia , nun encontro que convoca a especialistas e representantes de institucións de recoñecido prestixio internacional, co obxectivo de promocionar os destinos culturais da provincia.