A Deputación renova o seu compromiso coa candidatura de Ferrol a Patrimonio da Humanidade

Entradiña: 
O vicepresidente da Deputación, Xosé Regueira, participou o pasado 19 de maio na clausura do Congreso 'Ferrol Destino Patrimonio Mundial', que tivo lugar no Teatro Jofre e permitiu a xuntanza de bastantes expertos
Ferrolterra e Eume » Ferrol
Imaxe: 
mércores, 25 Maio, 2022
Descrición: 

Durante a súa intervención no Congreso, Xosé Regueira asegurou que a Deputación da Coruña renova o seu compromiso con Ferrol para conseguir o obxectivo de formar parte da listaxe de Patrimonio Mundial e anunciou que o seu departamento está traballando na tramitación dun convenio cun importe de 100.000 euros destinados á defensa desta candidatura. 

Así tamén, asegurou que Ferrol "es una ciudad que supone una clave turística de primer nivel del turismo de la provincia pero también de toda Galicia", destacando valores como a arquitectura civil, militar e industrial para que a súa candidatura a Patrimonio Mundial sexa tenida en conta pola UNESCO e se una a outros que levan o selo, tales como a Torre de Hércules ou a Catedral de Santiago e que funcionan como reclamo dentro do turismo cultural mundial. 

Para o peche do Congreso, Xosé Regueira compartiu quenda de palabra con María del Carmen Ínsua, directora xeral de Patrimoio e con Eva Marínez Montero, conselleira de Patrimonio Histórico do concello de Ferrol. Cabe lembrar da mesma maneira, que a candidatura 'Ciudad de Ferrol: Puerto de la Ilustración' leva sendo parte da Lista Indicativa da UNESCO a Patrimonio Mundial dende o 27 de abril de 2007.