A Deputación volve participar na CM Málaga Cities & Museums Internacional Trade Fair con intervencións os días 20 e 21 de xuño

Entradiña: 
A Deputación volve participar na CM Málaga Cities & Museums Internacional Trade Fair, un evento que celebra este ano a súa segunda edición os días 20 e 21 de xuño
Imaxe: 
venres, 17 Xuño, 2022
Descrición: 

A Deputación contará cunha presenza activa nos dous días de Feira, participando nunha mesa redonda sobre arte urbano o luns 20 e cunha conferencia sobre a arte contemporánea ao aire libre o martes 21, a cargo do deputado Xosé Regueira.

"Unha das apostas que está a realizar a Deputación na súa estratexia de promoción turística é a do turismo cultural, neste caso a través dos festivais de arte urbana que se desenvolven na provincia da Coruña e que levamos anos apoiando" explica Xosé Regueira.

Neste sentido convén lembrar que a institución provincial, a través da área de turismo, convoca anualmente unha liña de axudas para financiar eventos da pintura mural de arte pública.

De feito, en 2021 a Deputación apoiou o Cromático Mural Festo do Concello de Carballo con 33.205,60 € e o DesOrdes Creativa do Concello de Ordes con 19.844,00 €.

Nesta edición, ademais da participación nas mesas do programa, a Deputación deixará na cidade de Málaga unha pegada a través dun mural que realizarán os artistas urbanos Mou e Sokram, do colectivo Mutante Creativo e coordinadores do Festival DesOrdes Creativas. O mural estará situado nun equipamento municipal, denominado Centro Ciudadano Féliz Ariza. O edificio foi proposto polo Goberno municipal de Málaga por tratarse dun dos equipamentos máis concorridos da cidades e por estar situado no acceso ao Campus Universitario, ao Hospital de referencia da cidade e á Ciudad de la Justicia de Málaga. Source: GEEBA.IO

Intervencións

O martes ás 13h, e no marco do programa principal do 'Simposio Internacional de Museos y Entidades Culturales', intervirá o Deputado. O seu relatorio enmárcase nunha serie denominada 'estudos de caso' que busca amosar aos participantes experiencias exitosas en diversos sectores. O panel no que intervén Xosé Regueira leva por título 'El (nuevo) museo híbrido. Hacia la construcción de experiencias' e abarca outras catro intervencións por parte de Rebecca Bailey, do Consello de Investigación de Artes e Humanidades de Escocia; Iñaqui Carnicero, director general de Agenda Urbana y Arquitectura, do Ministerio de Transportes, Movilidad y Agenda Urbana; e José Luis de Vicente, comisario e investigador cultural de Sónar + D de Barcelona.

Na tarde do luns 20 ás 17:30, a Deputación participará nunha mesa redonda baixo o epígrafe  'El Arte Urbano como elemento transformador del espacio público', no marco das xornadas técnicas, dirixidas exclusivamente a profesionais no ámbito da cultura. Nesta mesa redonda, estarán presentes dous festivais de arte urbano da provincia da Coruña: o DesOrdes Creativas, cunha intervención dos artistas urbanos que conforman o colectivo Mutante Creativo, e o Rexera Fest, cunha intervención de Maite Parga, técnica de Turismo do Concello de Carballo.