Despregue de produtos gastronómicos por parte dos xeodestinos da provincia da Coruña no Fórum Gastronómico 2019

Cociña de calidade e innovadora será a proposta coa que a sección de Turismo da Deputación da Coruña participará no Fórum Gastronómico que terá lugar en Expocoruña
xoves, 7 Marzo, 2019

A sección de Turismo da Deputación de Coruña unha vez mais participará na 4ª edición do Fórum Gastronómico 2019 que se celebra en Coruña. Calidade, variedade, cociña innovadora e creativa con produtos de tempada é a aposta pola que se decanta a Deputación para este evento, que se desenvolverá no recinto feiral Expocoruña nos días 10, 11 e 12 de marzo.

Dende as 10.00 ata as 20.00 os visitantes poderán recrearse con actividades de catas, maridaxes, presentacións de produtos, sesións de cociña con degustacións, sesións temáticas con expertos….

Durante estes 3 días a Deputación mostrará, tanto no espazo reservado para o seu stand como en aulas específicas, sesións de cociña impartidas por Pepe Senande e Fernando Agrasar e Showcookings  da man dos concellos de Muros e Noia, Mugardos que presentará o seu famoso Polbo a Mugardesa , Capela coa Cata de queixos e por último a asociación de cociñeiros mais emblemáticos da cidade de Coruña e arredores “Coruña Cocina”. Sen esquecer as degustacións que se ofrecerán asemade no mesmo stand da Deputación.

Para mais  información segue as nosas redes sociais Facebook eTwitter.

E visualiza cada actividade en directo da feira nas historias de Instagram.