As empresas das Pontes de García Rodríguez ofrecen visitas guiadas

As Pontes conta cunha gran cantidade de empresas en activo. Ademais do seu patrimonio histórico-industrial e da multinacional ENDESA, as empresas localizadas nos distintos polígonos e asentamentos industriais son fundamentais para entender o pasado, presente e futuro das Pontes
Visita as nosas empresas
Visita as nosas empresas
Ferrolterra e Eume » As Pontes de García Rodríguez
mércores, 22 Agosto, 2018

O proxecto As Pontes Experiencia Industrial ofrece a todas aquelas persoas que o desexen a oportunidade de visitar as instalacións das empresas máis representativas que conforman o tecido industrial pontés. Poderán descubrir que traballos realizan, como funcionan, a tecnoloxía que utilizan, a súa historia, a súa cultura empresarial e en xeral, unha infinidade de curiosidades vinculadas ó seu día a día.

Esta iniciativa conta actualmente coa colaboración de dez empresas de diferentes sectores asentadas na vila: Delagro e Xalareira (agroganadería); Delicias Coruña (alimentación); Biomasa (biocombustibles); Einsa Print (industria gráfica); Adera e Intasa - Galparquet (madeira); e Pomesa, Prometal e Grupo Acebrón (metal).

Entra en cada empresa, descobre cal che interesa e ponte en contacto connosco no enderezo turismo@aspontes.org. Avisarémoste do día e a hora da visita.

Máis información aquí .