Entradas esgotadas para o segundo concerto do ciclo Música na catedral

Non hai entradas para o seguinte concerto pero todavía é posible reservar para as próximas sesións.
Costa da Morte » Cabana de Bergantiños
venres, 31 Xullo, 2020

Xa non quedan entradas dispoñibles para o concerto do ciclo Música na catedral deste venres, no que Alfonso e Hugo Franco ofrecerán un recital de repertorio clásico con violín e guitarra no pavillón do Dolmen de Dombate.

Música na catedral continúa en agosto con concertos de música clásica no Dolmen de Dombate. A programación serve tamén para poñer en valor o talento musical da Costa da Morte. As vindeiras citas serán:

7 de agosto: Fernando Fraga

28 de agosto: Dúo Caamaño-Ameixeiras

O aforo é moi limitado polo que se farán dous pases, ás 22:00 e ás 23:00. A reserva de entradas debe realizarse a través do correo: dombate2020@gmail.com indicando nome e teléfono de contacto.