Esta fin de semana celebrarase o curso “Turismo, educación e ocio vinculados á ornitoloxía na costa norte de Galicia” nos concellos de Mañón e O Vicedo

Os días 4, 5 e 6 de outubro terá lugar un curso adicado ao turismo ornitolóxico
Ferrolterra e Eume » Mañón
xoves, 3 Outubro, 2019

A celebración deste curso “Turismo, educación e ocio vinculados a ornitoloxía na costa norte de Galicia” busca achegar aos participantes o potencial do turismo ornitolóxico en Galicia e nesta comarca. Ademais de buscar a procura de novas ofertas de lecer alternativas para os visitantes.

O curso inclúe unha charla-obradoiro na Casa da Cultura do Vicedo aberta ao público en xeral, aunque dirixida ao sector profesional de turismo, e que tratará o potencial do turismo ornitolóxico desde unha perspectiva xeral e a súa posible aplicación á comarca.