Esta campaña, tanto en Facebook como en Instagram, ten como obxectivo dar a coñecer 52 plans de fin de semana ao longo deste ano
mércores, 24 Xullo, 2019
Todos os venres, desde os perfís de Facebook e Instagram de Turismo da Deputación da Coruña, sairán publicados diversos plans mediante os cales coñecer a riqueza que define a provincia e cada un dos seus 6 destinos de terra e mar.
Desde do patrimonio cultural e natural á ineludible gastronomía ata eventos como certames de arte e festivais de música, son algunha das temáticas que convidarán a cada usuario a enrolarse na identidade coruñesa «por 52 razóns».
Tanto no ‘muro’ de ambos perfís como en ‘historias’, cada venres desde este agosto ata o de 2020, irase desvelando cada plan como propostas turísticas para a escapada da fin de semana.
Entra nos nosos perfís, séguenos e comparte a túa experiencia co hashtag #52findes