Exaltación dos Produtos de Outono: A Feira da Castaña

Unha semana de cores, aromas e sabores moi particulares no concello de Touro
#FeiraCastañaTouro
#FeiraCastañaTouro
Terras de Santiago » Touro
martes, 15 Outubro, 2019

A feira mensual do día 5 en Fonte Díaz, en novembro, ten nome e apelido: A Feira da Castaña. Nesta XI edición volveremos a gozar  dos produtos típicos destas datas da man experta dos seus hostaleiros, compartindo protagonismo o xabaril e as castañas, xunto coas máis saborosas receitas caseiras de repostaría.

Poderemos coñecer tamén o resultado do III Concurso Plástico Dona Castaña, coa apertura da súa exposición na Casa da Cultura e gozar dos traballos artísticos, nos diferentes niveis educativos, ata o sábado 9 de novembro.

Coa XV edición das Xornadas Micolóxicas pechamos a semana de exaltación dos produtos de outono. Charlas e roteiros micolóxicos guiados por expertos, na procura dos diferentes exemplares para a súa posterior catalogación, exposición e degustación.

Para máis información consultade:

As novas do noso blog  ou

A páxina do concello e

seguídenos nas redes sociais #FeiraCastañaTouro.