EXPOSICIÓN TEMPORAL “MOECHE, TERRA DE FEIRAS” NO CASTELO DE MOECHE

A fortaleza modestina acollerá a exposición, froito do concurso realizado no mes de abril, a partir do 25 de xullo
Ferrolterra e Eume » Moeche
xoves, 23 Xullo, 2020

O castelo de Moeche contará nas súas salas cunha exposición composta polas obras – microrrelatos, debuxos, etc – que participaron no concurso que o concello de Moeche organizou no mes de abril por mor da cancelación da feira do 23 de abril deste ano ante a situación provocada polo coronavirus. Contando con máis de 20 obras, a exposición estrearase no castelo, aproveitando o Día Nacional de Galicia, este sábado 25 de xullo, e permanecerá exposta a maior parte do que queda de verán.