Fairway será o escenario onde Turismo da Deputación da Coruña promocionará os Camiños no seu paso pola provincia

Dende este venres 10 ata o martes 12 de febreiro, a Deputación atoparase no Forum Internacional do Camiño de Santiago cun stand de información turística sobre o Camiño Inglés e o de Muxía - Fisterra
luns, 4 Febreiro, 2019

A sección de Turismo da Deputación da Coruña apoia a organización do Fairway, o Forum Internacional do Camiño de Santiago, que se celebrará na capital galega dos días 10 ao 12 de febreiro. Trátase dun grande evento de promoción turística que debe axudar a repensar non só a cidade de Santiago de Compostela diante dun novo Xacobeo, senón a desenvolver todos os concellos polos que pasan os 8 camiños xacobeos.

Hoxe en día os Camiños de Santiago son foco de potencialidade turística en base ao intanxible valor  ao redor das rutas xacobeas; o principal recurso turístico galego e terceiro do Estado, xunto co Museo do Prado e a Alhambra de Granada. Nesta liña, Fairway incluirá un congreso, unha feira e un mercado de produtos turísticos arredor do Camiño de Santiago.

En especial, os alicerces da asistencia da Deputación e da estratexia de desenvolvemento local da sección serán o Camiño Inglés e Muxía Fisterra, mostra de que a provincia da Coruña, tamén no transcurso do peregrino, é: «unha terra de contrastes entre a costa e o interior». Neste sentido os visitantes atoparán folletos informativos de todas as etapas e a oferta turística ao peregrino. Tamén, o  luns ás 11 Terio Carrera entrevistará ao entrenador de baloncesto Moncho Fernandez, ao ciclista Ezequiel Mosquera e ao diputado de facenda Antonio Leira. 

Segue a actividade desta feira en Facebook, Twitter e nas historias de Instagram.