A Feira de Ecoturismo Doñana Natural Life será o próximo fito na estratexia de promoción da sección de Turismo da Deputación da Coruña

Do 4 ao 7 de abril, os proxectos de Xeoparque de Ortegal e a Reserva da Biosfera 'Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo' da tomarán a aldea de El Rocío (Huelva)
venres, 5 Abril, 2019

Doñana Natural Life, desde fai dous anos, é o punto de encontro nacional dos destinos e profesionais vinculados ao turismo de natureza. Na aldea de El Rocío, en pleno corazón do Parque Nacional de Doñana, este espazo expositivo constituirá o escenario onde se desenvolverán conferencias para debater os retos do ecoturismo e xornadas de networking onde expandir proxectos e socios. A potencialidade máis relevante desta incipiente feira é que aspira a atoparse entre os grandes eventos internacionais do subsector asociado a este turista de natureza.

Aspirando a superar as 50.000 visitas da pasada edición e aproveitando as datas para celebrar o 50 aniversario do Parque, a Deputación da Coruña dará a coñecer a súa inherente oferta de turismo de natureza dende o proxecto de Xeoparque de Ortegal, o referente no traballo da sección de Turismo, á Reserva da Biosfera de Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo..

‹‹Estade atentos as datas›› Publicaranse contidos da feira en Twitter, Facebook e Instagram.