Ferrol actualiza a súa páxina web de turismo

A nova web de turismo de Ferrol xa está en funcionamento!
Ferrolterra e Eume » Ferrol
martes, 21 Agosto, 2018

A Sociedade Mixta de Turismo de Ferrol presenta a nova web onde se poden atopar, de forma moi intuitiva, a gran variedade de recursos turísticos do concello.  

A modo de web 2.0, facilitando a interoperabilidade cos usuarios nas redes sociais, esta estrutúrase en: aloxamento, patrimonio histórico, puntos de interese, gastronomía, praias, contorna natural, rutas turísticas, festas, etc.

Se queredes coñecer Ferrol en profundidade, achegádevos á web! www.visitferrol.com