A fervenza do Ézaro iluminarase tamén durante este mes de setembro

O espectáculo audiovisual da Fervenza do Ézaro seguirá os seguintes sábados 7, 14 e 21 de setembro
ILUMINACIÓN FERVENZA DO ÉZARO - SETEMBRO 2019
ILUMINACIÓN FERVENZA DO ÉZARO - SETEMBRO 2019
Costa da Morte » Dumbría
domingo, 1 Setembro, 2019

A fervenza do Ézaro é todo un recurso natural, un tesouro que para moitos era un gran descoñecido. Dende hai uns anos pode verse no seu máximo esplendor e agora máis se cabe. Un espectáculo audiovisual fai que a fervenza do Ézaro poida ser gozada dende outra óptica poñendo a funcionar os sentidos; a vista e o oído son os grandes protagonistas nas noites dos sábados de setembro ata a fin da tempada estival.

Sábados 7,14 e 21 de setembro dende as 23:00 ata as 00:00h.

#DumbríaéTurismo