As festas da Pascua de Padrón inclúen preto dun cento de actividades durante 18 días

As festas da Pascua de Padrón 2018, que terán como pregoeira á actriz con orixes padronesas Cristina Castaño, e que se desenvolverán durante 18 días entre o 24 de marzo e o 14 de abril, contarán con preto dun cento de actividades
Presentacion Festas da Pascua de Padrón
Presentacion Festas da Pascua de Padrón
Terras de Santiago » Padrón
sábado, 3 Marzo, 2018

Competicións deportivas, ritos relixiosos, actividades culturais, concertos e espectáculos musicais conformarán o programa destas festas no presente ano. Así o anunciou durante a presentación celebrada na Cidade da Cultura o alcalde de Padrón, Antonio Fernández Angueira, que estivo acompañado pola directora da Axencia Turismo de Galicia, Nava Castro; a directora-xerente da Cidade da Cultura, Ana Isabel Vázquez; e os concelleiros de Cultura e Festexos de Padrón, Lorena Couso e Ángel Rodríguez, respectivamente.

Fernández Angueira amosou o seu agradecemento a Cristina Castaño por aceptar “á primeira” a invitación para ser a pregoeira das festas e precisou que a lectura do pregón terá lugar o día 31 de marzo, sábado de Pascua, ás 21.00 horas na praza de Macías.

En canto á programación de actividades, o rexedor padronés avanzou que no eido deportivo celebraranse competicións de fútbol -base e afeccionado-, fútbol sala, xadrez, tenis, ciclismo, un día do baloncesto coa presenza de xogadores do Monbús-Obradoiro CAB (28 de marzo) e ata unha velada de boxeo (6 de abril).

Máis información aquí