A Figueira de Rosalía, a única árbore galega finalista no premio “Árbore do Ano 2020”

A concellería de Turismo de Padrón, impulsora da candidatura, anima á poboación á participación co seu voto no concurso nacional
Figueira de Rosalía
Figueira de Rosalía
Terras de Santiago » Padrón
xoves, 24 Outubro, 2019

O Concello de Padrón vén de coñecer a candidatura da Figueira de Rosalía ao premio nacional “Árbore do Ano 2020”, un concurso que pretende poñer en valor aquelas especies arbóreas antigas especialmente memorábeis polo seu patrimonio natural e cultural, árbores que polo seu simbolismo se converten nunha parte integrante da comunidade no seu sentido más amplo. A árbore gañadora representará a España no concurso a nivel europeo.

Dende o concello anímase a toda a poboación de Galicia a que participe co seu voto, para que a Figueira de Rosalía sexa a Árbore de Europa 2020.

Trátase dunha iniciativa convocada por Bosques sin Fronteras, na que colaboran a  Fundación Feu Vert, “F.S.C. Bosques para todos para siempre” en colaboración co Ministerio de Agricultura, Pesca, Alimentación y Medio Ambiente que toma a inspiración do concurso “Árbore Europea do Ano” cuxa primeira edición tivo lugar na República Checa no ano 2011.

A Figueira de Rosalía compite contra outras sete árbores finalistas entre as que se atopan a Sobreira de La Dehesa de La Jara (Madrid), a Moreira de Villoviado (Burgos), a Aciñeira de La Serona (Badajoz),o Piñeiro de Casa Puerto Sanz (Burgos), a Aciñeira de Las Tres Patas (Navarra), a Palmeira de La Plazoleta Astral de Fernando Pessol (Tenerife) e a Aciñeira  Milenaria de Córdoba.

O período de votación está aberto ata o día 20 de novembro ás 00.00h.

Para poder votar son 4 pasos a seguir:

  1. Rexistrarse na web do concurso www.arboleuropeo.es.
  2. Activar a conta dende o correo electrónico que se recibe.
  3. Iniciar sesión co usuario e contrasinal
  4. Votar pola Figueira de Rosalía.

A árbore con maior número de votos será a gañadora do concurso nacional e clasificarase como finalista ao concurso europeo.

Máis información no seguinte enlance