
A exposición itinerante "hacer (lo) visible, hacerlo, hacerlo visible, hacer lo visible, hacer visible, lo visible", do artista interdisciplinar TUSET, inagurouse na Galería Manolo Eirín, o 1 de abril, e permaneceu ata o 1 de xullo aberta ao público en Carballo. Tras o paso polo Faro de Vilán pechara a súa viaxe a comezos do 2021 no espazo Forum Metropolitano da Coruña.
Nesta exposición o público poderá ver os últimos, e máis importantes, traballos do artista ao redor da pintura e o territorio, con cadros provenientes da estrutura dos primeiros invernadoiros industriais que chegaron a Galicia hai 70 anos (ferro non galvanizado e plástico). Aquí os liques son convertidos en debuxos naturais fascinantes, instalacións ambientais e unha fotografía real do “campo” na Galicia de hoxe, un lugar que pasou de ser da ruína da civilización ao lugar preferido de lecer e espéctaculo para os residentes das grandes cidades. Ademais con motivo da exposición no Faro de Vilán presentarase o catálogo da exposición editado pola artista e deseñadora Ruth Vidal (1998, Pontevedra).