I Concurso de fotografía dixital do Camiño Inglés

A Asociación de Concellos do Camiño Inglés, organizadora do concurso, expoñerá as fotografías finalistas na Sala de Exposicións da Autoridade Portuaria de Ferrol-San Ciprán
Cartel do primeiro concurso de fotografía dixital do Camiño Inglés
Cartel do primeiro concurso de fotografía dixital do Camiño Inglés
martes, 1 Xuño, 2021

A  Asociación de Concellos do Camiño Inglés, coa colaboración de entidades como a Deputación da Coruña, organiza o seu primeiro concurso de fotografía dixital. No concurso vanse seleccionar tres fotos gañadoras que, localizadas nos municipios polos que pasa a ruta, representen a esencia do Camiño. Para participar hai que enviar un máximo de tres fotografías a través das plataformas indicadas na súa páxina web antes do 10 de xuño.

Como conmemoración do Ano Santo 2021, o xurado seleccionará vinte e una fotografías que se expoñerán na Sala de Exposicións da Autoridade Portuaria de Ferrol-San Ciprán, coincidindo co evento Primavera no Camiño. Entre estas finalistas escolleranse os tres primeiros premios, que obterán bonos de 150, 100 y 50€ respectivamente para intercambiar en diferentes establecementos de aloxamento e restauración do Camiño inglés incluídos na Rede Stelar, rede de excelencia e atención ao peregrino promovida pola Asociación de Concellos do Camiño Inglés.

Para máis información, consulta a web do Camiño Inglés.