I Xornadas do Camiño do Holandés-EuroVelo 3

A alternativa ciclista ao Camiño Francés
#XornadasTouro
#XornadasTouro
Terras de Santiago » Touro
venres, 18 Outubro, 2019

Do 15 ao 24 de novembro a programación do concello de Touro ten o camiño moi ben trazado. Con nome propio, O Camiño do Holandés e alcume tamén, EuroVelo 3.

Comezamos coas I XORNADAS DO CAMIÑO HOLANDÉS-EUROVELO 3, a celebrar o 15 de novembro na Casa da Cultura do concello de Touro cos principias implicados no desenvolvemento do seu percorrido.

Unha iniciativa de traballo para converter O CAMIÑO e a RUTA EV3 –PR no eixo de desenvolvemento dos territorios polo que transcurre, con dúas mesas de debate ben diferenciadas: O Camiño de Santiago e o Desenrolo Rural e EuroVelo. Outras modalidades de Turismo.

Á actual experiencia ciclista, ben sexa polos diferentes Camiños de Santiago ou polas rutas de sendeirismo de cada un dos concellos, incorporaráselle máis pronto que tarde, un novo produto turístico, os roteiros de longo percorrido.

Contando con persoal tanto do eido público como privado, estas primeiras xornadas tratarán de buscar o mellor camiño a seguir por todos e cada un dos concellos implicados, para daquela ser analizado en posteriores encontros

As xornadas complementaranse con outra serie de actividades lúdico-formativas que se desenvolverán pensando nos máis novos e nos que xa non o son tanto, coa transmisión da Cultura Popular en base a lendas, símbolos e xogos. Un continuo ao longo das vindeiras datas con Saídas Iniciáticas, O Xantar Peregrino, Pedaladas polo Camiño e a Gran Proba Donas e Cabaleiros do Camiño do Holandés. Sen esquecer a visita do mesmísimo ATANASIO.

Para máis información visitade o  Blog, o  concello e seguídenos nas redes sociais #XornadasTouro #touroEcamiño.