Lúa Chea no Barbanza, Autocine nos catro concellos de Arousa Norte

A Mancomunidade de Municipios Arousa Norte presentou LÚA CHEA NO BARBANZA, unha proposta de autocine que se levará a cabo nos catro concellos de Arousa Norte ao longo dos meses de Xullo e Agosto.
Ría de Arousa Norte » Boiro
domingo, 28 Xuño, 2020

Esta proposta estará presente nos catro concellos de Arousa Norte a partir do 3 de xullo ata o 21 de agosto e contará con catro sesións en cada un dos concellos: Cinema Actual, Cinema Familiar, Cinema Clásico e Cinema Galego.

As catro concellerías de cultura de Arousa Norte encargáronse de presentar cada unha das programacións : María Outeiral (Concello de Boiro), Mariola Sampedro (Concello de Ribeira), Raquel García (Concello de Rianxo) e Patricia Lojo (Concello da Pobra do Caramiñal).

BOIRO: Autocine Lúa Chea no Barbanza comezará no concello de Boiro o venres 3 de xullo no peirao de Cabo de Cruz con dous pases: ás 20h30 Grease (cinema clásico) e as 23h30 Parásitos (cinema actual) e o sábado 04 de xullo ás 20h30 Pinoccio 3000 (cinema familiar) e O que arde (cinema galego).

RIBEIRA: A seguinte fin de semana, será no concello de Ribeira (Porto – Muelle Comercial): Venres 10 de xullo ás 20h30 Sonrisas de una noche de verano (cinema clásico), Somos Criminais (produción galega) e o sábado 11 de xullo ás 20h30 Gorgi, las mascotas de la reina (cinema familiar) e ás 23h30 Tolkien (cinema actual).

RIANXO: A fin de semana do 17 de xullo LÚA CHEA NO BARBANZA chegará a Rianxo ás 20h30 con Cinema Paradiso (cinema clásico) e ás 23h30 O que arde (cinema galego), e o sábado 18 de xullo ás 20h30 O Cid (cinema familiar) e ás 23h30 La Biblioteca de los libros rechazados (cinema actual).

A POBRA DO CARAMIÑAL: O peche do Autocine terá lugar no Concello da Pobra do Caramiñal na explanada portuaria do aparcadoiro o venres 21 de agosto ás 20h30 La vida es bella (cinema clásico), e as 23h30 Eroski Paraíso (cinema galego) o sábado 22 de agosto ás 20h30 Pérez, o ratonciño dos teus soños (cinema familiar) e Bohemian Rapsody (cinema actual).

As entradas serán de balde e para acceder a cada unha das películas é preciso rexistrase no enlace barbanzarousa.gal.