
O ABANCA PANTÍN CLASSIC GALICIA PRO 2021 abriu as súas portas a máis de 1.000 asistentes que non quixeron perder a apertura e desfrutar do primeiro día de actividades.
E é que ninguén quere perder o que o ABANCA PANTÍN CLASSIC GALICIA PRO 2021 ten para ofrecer. Xa hai máis de 4.000 persoas que se rexistraron para acceder ao sitio e os rexistros seguen aumentando.
O sábado non faltaron varias charlas, proxeccións de longametraxes, clases de skate, talleres de reciclaxe e un ambiente estupendo. Ademais, xunto con isto, os asistentes tamén puideron gozar dos diferentes Food Trucks e da terraza Estrella Galicia.
O domingo comezou a acción co Open de Galicia, cuxos participantes, en categorías masculina e feminina, competirán por obter o pase á proba da Serie de clasificación da World Surf League (WSL), o ABANCA PANTÍN CLASSIC GALICIA PRO 2021 .
O programa completo de actividades do evento está dispoñible en www.classicsurfpro.com