A Mancomunidade de Concellos da comarca de Ferrol recibirá a TripAdvisor nunha Xornada de formación turística

TripAdvisor, a web multinacional de viaxes, será un dos convidados da Xornada de formación turística capitaneada pola Mancomunidade de Concellos da comarca de Ferrol
mércores, 6 Marzo, 2019

Tripadvisor ofrece, a empresarios vinculados ao sector do turismo, as claves para comercializar os seus servizos e cómo sacar o máximo proveito de todas as posibilidades que oferta esta plataforma online.

A xornada, que vai ter lugar no Cámping de Valdoviño o xoves 7 de marzo, está especialmente dirixida ás empresas vinculadas ao mundo do surf e do turismo activo. Trátase dun evento organizado pola Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol, ao abeiro do convenio que ten coa Axencia Turismo de Galicia, e que se vai celebrar nun espazo vinculado co surf para dar unha maior presenza ao sector.

A actividade conta con 4 módulos: un centrado na plataforma Tripadvisor; outro sobre lexislación aplicada ás empresas de surf; un máis ofrecido pola Asociación Galega de Empresas de Turismo Activo; e, finalmente, un centrado nas subvenciones existentes.

A inscripción á  xornada pode facerse a través deste formulario.