Música, obradoiros, teatro, visita nocturna e ciclismo nesta fin de semana no Centro Arqueolóxico Dolmen de Dombate

Catro obradoiros de Prehistoria, dúas visitas teatralizadas a cargo da compañía Os Quinquilláns e unha sesión de música a mediodía con Pakolas é o que está previsto para esta fin de semana, sábado e domingo, no Centro Arqueolóxico do Dolmen de Dombate.
Costa da Morte » Cabana de Bergantiños
xoves, 6 Agosto, 2020

VENRES 7 DE XULLO
 

Música na catedral: Concerto de acordeón a cargo do mestre de Cee Fernando Fraga aproveitando a boa acústica e escenario privilexiado do pavillón do dolmen de Dombate.
Entradas esgotadas para o pase das 22.00 horas.
Posibilidade dunha nova quenda para as 23.00 horas se houbese nestes días un número suficiente de demanda de entradas.

SÁBADO 8 DE AGOSTO
 

Obradoiros de Prehistoria en Dombate (mañá e tarde)
Esta fin de semana volven os obradoiros de Prehistoria ao Centro Arqueolóxico Dolmen de Dombate con Galipat Servizos Culturais:
Tres sesións de mañá e tarde:

• Ás 11:00 "As cores de Dombate. Obradoiro de pintura rupestre".
• Ás 12:30 "As ondas sonoras. Obradoiro de instrumentos musicais" (Estas sesións de mañá irán dirixidas a veciños e visitantes).
• Ás 16:00 “Cerámica neolítica”. Ás 17.00 “As gravuras da Fornella”.

(Estas sesións están reservadas polo campamento da Xunta de Galicia na Costa da Morte que ten por temática "un país de pintores e poetas".
• Zona verde do Dolmen de Dombate
• Aforo limitado.

Visitas teatralizadas cos Quinquilláns en Dombate (tarde)
Un ano máis Os Quinquilláns son os protagonistas de ‘No tempo das pedras’, visita teatralizada ao carón dos piñeiros e carballos do Centro Arqueolóxico Dolmen de Dombate:
• Sábados de xullo e agosto ás 18:00 e 19:30 (dous pases)
• Duración aproximada de 30 minutos.
• Entrada gratuíta ata completar aforo. Non é necesaria inscrición previa

Visita nocturna

Entradas xa esgotadas para terceira e penúltima visita guiada nocturna da tempada no Dolmen de Dombate. Visión de Dombate desde un punto de vista diferente aproveitando o misterio da noite. Visita a cargo do guía oficial Ángel Eiroa con anécdotas e música de fondo. • 23:00 horas • Actividade gratuíta aconsellable para maiores de 10 anos. • Aforo limitado • Última visita nocturna o venres 21 de agosto. Inscrición previa enviando nome e teléfono de contacto a: dombate2020@gmail.com

DOMINGO 9 DE AGOSTO

Arqueociclismo polo chan de Borneiro

• Aínda quedan prazas para o 3º paseo en bici polo chan de Borneiro –Santuario do Briño, área recreativa da fonte de Fornelos, Fontefría, Vilaseco e Castro A Cidá de Borneiro-

• Saída ás 11:00 h do aparcadoiro do Centro Arqueolóxico Dolmen de Dombate

• É necesaria inscrición previa enviando un correo a dombate2020@gmail.com con nome e teléfono de contacto

• Actividade para todos os públicos

• Duración aproximada: 2 horas