Nova APP de turismo do concello de Touro

Entradiña: 
Dispoñible online a nova aplicación turística do Concello de Touro para que os visitantes gocen da experiencia de coñecer o municipio comodamente a través do seu dispositivo móbil.
Terras de Santiago » Touro
Imaxe: 
mércores, 10 Marzo, 2021
Descrición: 

A nova APP de Turismo de Touro inclúe contidos sobre os recursos naturais e culturais máis destacados, festas, aloxamentos, restauración e outros servizos de interese para os viaxeiros.
Pode descargarse de xeito gratuíto en dispositivos Android e iOS e está dispoñible en 6 idiomas (galego, castelán, inglés, francés, alemán e portugués).