Nova edición das Xornadas Gastronómicas Saborea Padrón

Saborea Padrón é unha iniciativa ideada co obxectivo de facilitar a promoción e poñer en valor a importante calidade da hostalería padronesa
mércores, 14 Outubro, 2020

Mediante esta proposta gastronómica búscase favorecer a imaxe global turística de Padrón, un destino que pouco a pouco vai aumentando o seu número de visitantes. Grazas a actividades de transmisión dos nosos aspectos de identidade (gastronomía, cultura, historia…) a imaxe de Padrón vaise introducindo en segmentos de mercado reais e potenciais, instrumentos que favorecen ao desenvolvemento económico, social e cultural do noso territorio.

Nesta edición, que se vai celebrar cumprindo a normativa sanitaria vixente, van ter lugar dúas actividades: o ‘I Concurso Infantil de Deseño de cabazas, cabaciñas ou cabazóns’ e tamén o ‘Mercadillo Revolto Artesán Galego’.