Nova ruta de entrada as Fragas do Eume dende Soaserra no concello de Cabanas

Trátase dun roteiro circular de dificultade moderada e cun trazado de 13 kms de lonxitude. O roteiro toma como punto de partida a Igrexa de Santa Olaia de Soaserra e lévanos ata o Mosteiro de Caaveiro.
Comezo do roteiro. Ao fondo a Igrexa de Santa Olaia de Soaserra
Comezo do roteiro. Ao fondo a Igrexa de Santa Olaia de Soaserra
Ferrolterra e Eume » Cabanas
mércores, 9 Setembro, 2020

O roteiro transcorre polo interior da Fraga e conta cun tramo pola beira do Río Eume ata chegar ao Mosteiro de Caaveiro. No seguinte enlace podedes ampliar a información https://www.cabanas.gal/roteiro-de-soaserra-ao-mosteiro-de-caaveiro/

E para aqueles que prefiran unha experiencia redonda e dentro do programa Camiños de Identidade, ofrécese a posibilidade de roteiro con guía e taller de fiado de lá coas expertas fiandeiras de Cabanas. Máis información no 981 49 59 59.

<iframe frameBorder="0" scrolling="no" src="https://es.wikiloc.com/wikiloc/spatialArtifacts.do?event=view&id=5571690..." width="500" height="400"></iframe><div style="color:#777;font-size:11px;line-height:16px;">Powered by <a style="color:#06d;font-size:11px;line-height:16px;" target="_blank" href="https://es.wikiloc.com">Wikiloc</a></div>