Nove restaurantes ofrecen "menús lampreeiros" nas IV Xornadas Gastronómicas da Lamprea

As "IV Xornadas Gastronómicas da Lamprea de Padrón", inclúen preto dunha decea de actividades culinarias e de lecer e que contan coa participación de nove restaurantes locais, que serán os encargados de preparar os "menús lampreeiros" os días 2, 3, 4 e 9, 10 e 11 de marzo
IV Xornadas gastronómicas da lamprea de Padrón
IV Xornadas gastronómicas da lamprea de Padrón
Terras de Santiago » Padrón
xoves, 1 Febreiro, 2018

A Concellería de Turismo de Padrón comezou a promocionar as "IV Xornadas Gastronómicas da Lamprea de Padrón", que nesta edición inclúen preto dunha decea de actividades culinarias e de lecer e que contan coa participación de nove restaurantes locais, que serán os encargados de preparar os "menús lampreeiros" nas fins de semana dos días 2, 3, 4 e 9, 10 e 11 de marzo.

A concelleira de Turismo, Lorena Couso, avanzou que estas cuartas xornadas comenzaron xa no mes de febreiro coa celebración de actividades divulgativas sobre a lamprea nos centros educativos de Padrón. Pero, sen dúbida, uns dos principais atractivos son os "menús lampreeiros" que ofrecerán, previa reserva e cun prezo de 25 euros por persoa, os seguintes restaurantes: O Secreto, Scala, Chef Rivera, Casa Farrucán, O Alpendre, Bar Cafetería H2O, A Casa dos Martínez, Flavia e Gaia "A Casa da Corredoira". Entre todos eles poderanse degustar ata unha quincena de maneiras diferentes de cociñar a lamprea: lamprea á bordelesa, fideuá de lamprea, croquetas de lamprea, empanada de lamprea, lamprea "como lle gustaba ao cura de Rois", carpaccio de lamprea, etc.

Máis información en Concello de Padrón