Novo material de promoción turística do Camiño do Holandés

O Concello de Touro edita un novo folleto turístico con información do Camiño do Holandés
Terras de Santiago » Touro
venres, 3 Novembro, 2017

No seu percorrido, os peregrinos, ademais de gozar da tranquilidade que lles ofrece este itinerario e a súa incrible beleza paisaxística, poden aproveitar para facer un alto no camiño e coñecer un pouco do patrimonio do concello.

Natureza, etnografía ou gastronomía xunto a unha interesante mostra de patrimonio relixioso (con igrexas, capelas, ermidas…) constitúen unha boa escusa para deixarse seducir pola gran riqueza destas terras. Tamén poderán selar a súa credencial nas dependencias do concello e deixar a súa pegada no Rexistro Oficial do Peregrino.