Novo roteiro circular en Cabanas: Terras Altas de Cabanas

O roteiro de 21 kms e de dificultade media/alta nos leva a visitar as parroquias de Regoela, Soaserra e Salto.
Ferrolterra e Eume » Cabanas
martes, 13 Outubro, 2020

O roteiro foi proposto polo Club de Montaña de Ferrol en colaboración co Concello de Cabanas. Combina paisaxe con historia. No seu percorrido permite achegarse a castros, mámoas, muíños, fontes, pedrafitas e igrexas, así como gozar das vistas que temos desde diversos puntos do camiño. Achégase tamén a algúns dos lugares empregados polos fuxidos durante a Guerra Civil e posterior ditadura franquista.

Máis info en https://www.cabanas.gal/roteiro-terras-altas-de-cabanas/ e en https://es.wikiloc.com/rutas-senderismo/terras-altas-de-cabanas-57570107