Novos distintivos SICTED para Ferrol

A semana pasada entregáronse os novos distintivos SICTED para empresas e servizos turísticos da cidade.
Ferrolterra e Eume » Ferrol
venres, 27 Outubro, 2017

Son xa 36 empresas e servizos turísticos que apostan polo compromiso coa calidade turística no concello de Ferrol. Ademais das 26 que repiten este selo de calidade, súmanse outras 10 entidades. Isto demostra a aposta dos axentes locais pola mellora da calidade dos destinos turísticos co obxectivo de mellorar a experiencia e satisfacción do turista.

SICTED é un proxecto de mellora da calidade dos destinos turísticos promovido pola Secretaría de Estado de Turismo (SET) e co apoio da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), que traballa con empresas e servizos turísticos de ata 33 oficios, tales como axencias de viaxes, oficinas de turismo, praias e museos, entre outros. 

Podedes consultar máis información sobre o SICTED en www.calidadendestino.es