Novos "Obradoiros do guía" para esta primavera 2021

Hoxe 9 de marzo volveron os "Obradoiros do Guía", o programa de formacións da Asociación Profesional de Guías de Turismo de Galicia. Igual que no 2020, por mor das circunstancias da pandemia serán seminarios en liña, exclusivos para profesionais con habilitación para exerceren en Galicia.
martes, 9 Marzo, 2021

Na campaña da primavera de 2020, entre abril e xullo ofrecéronse 19 seminarios, sumando un total de 1458 inscricións.

En 4 destes seminarios impartiuse a formación sanitaria específica para guías de turismo de Galicia, polo que obtiveron a certificación en prevención da COVID 290 profesionais.

Para esta primavera de 2021 volven a estar programados 19 seminarios de aquí ao mes de maio. Deles, 7 corresponden a un proxecto de xornadas presenciais sobre os recursos dos Camiños de Santiago cos contidos adaptados para impartir en formato telemático.

Grazas ao convenio asinado entre Asociación Profesional de Guías de Turismo e a Xunta de Galicia a inscrición é gratuíta para todos os guías habilitados.

A información e inscricións iranse incorporando á web de formación: http://formacion.guiasdegalicia.org/