O ABANCA PANTIN CLASSIC GALICIA PRO e a nova normalidade

O público deberá facer un rexistro previo de seguridade para acceder ao evento a partir do 5 de agosto no enlace classicsurfpro.com
Ferrolterra e Eume » Valdoviño
mércores, 5 Agosto, 2020

A histórica proba galega, que este ano celebra a súa 33 edición, terá lugar durante os días 15 ao 23 de agosto na praia de Pantín, en Valdoviño. Esta sera sen dúbida a edición máis especial, xa que despois de varios meses en confinamento, Valdoviño acollerá unha das primeiras probas deportivas con público dentro da nova normalidade en España.

O 4 de agosto, na Casa da Cultura do Concello de Valdoviño, tivo lugar a última reunión de traballo entre o director e o coordinador do evento, Marcos Rodríguez e Andrés Otero, respectivamente, e o alcalde, Alberto González, e os concelleiros de Saúde, Ana Belén Rodríguez; Deportes, Sergio Saavedra; Servicios, Benito Vega, e máis Obras, Germán Gómez. Xunto con eles, tamén participaron representantes da Clínica San Lorenzo, involucrados no desenrolo de protocolos de acción preventiva contra a COVID-19. Nesta reunión discutíronse as medidas de seguridade e a loxística do evento para que a súa realización sexa o máis segura posible.

Nesta edición, a capacidade de asistentes reducirase considerablemente, xa que cada persoa que desexe asistir deberá rexistrarse primeiro complementando un formulario que poderá atopar na web oficial (www.classicsurfpro.com). Aquel que se rexistre recibirá un código QR que deberá presentar no móbil ou impreso e que lle servirá para todos os días de competición sempre o que o aforo non estea completo. Así, poderase controlar non só a cantidade de asistentes, senón tamén a súa identidade e o tempo de permanencia. Todos os datos serán empregados polas autoridades sanitarias. Este formulario estará dispoñible a partir do mércores 5 de agosto.

Algungas das regras para poder acceder serán o uso obrigatorio de máscara e a frecuente desinfección de mans. Ademáis, durante os días de competición, a organización informará por megafonía da normativa vixente.

Contarase tamén coa participación da Policía Loca, Garda Civil e Protección Civil, ademáis de que nesta edición o horario de competición verase reducido, iso sí, o espectáculo está garantizado.

Os veciños de Valdoviño sempre acolleron de bo grado a proba, e este ano non será menos, xa que hai que agradecer que cederon tres terreos para o acondicionamento do estacionamento temporal para os días de competición. Igualmente, seguindo os procedementos levados a cabo pola administración local ante a Xunta, a empresa concesionaria do servizo de transporte público Monbús activou unha liña á praia de O Rodo, que se agarda que mellore o transporte ata a praia.

Hai que lembrar que será obrigatorio cumplir as normas establecidas, e ter responsabilidade individual para poder disfrutar do ABANCA Pantín Classic Galicia Pro un ano máis, a conta atrás xa comenzou.