O Centro Arqueolóxico Dolmen de Dombate abre o prazo de inscrición para a Campaña de Visitas Escolares 2019

O concello de Cabana de Bergantiños, en colaboración coa Deputación da Coruña, informa da súa programación didáctica de balde para os centros escolares de Galicia
mércores, 20 Febreiro, 2019

A partir do 1 de marzo  e ata final do curso 2018-2019 o Centro Arquelóxico dolmen Dombate ofertará un programa didáctico dirixido aos escolares, centrado no seu dolmen e na vida do neolítico galego. Este programa preséntase cunha nova organización horaria e incluirá dúas modalidades de asistencia que se distribuirán en grupos de 25 ou 30 alumnos/as por monitor:

  • Visita guiada de 1 hora de duración.
  • Visita guiada e obradoiro didáctico de 2 horas de duración.

Os obradoiros didácticos comprenden actividades como: “As cores de Dombate”, “Prehistoric style”, “O gran invento do Neolítico: a cerámica!”, “As Gravuras da Fornella”, “As ondas sonoras”, “A vida baixo terra”, “Alumeando a Mámoa” e “Azagaias, frechas, arcos…Á caza!”.

Xa teñen reservada a súa visita 18 centros, non perdades a vosa oportunidade!

Datos de contacto para reserva ou para mais información:

Emails: borneiro@gmail.com // cultura.concello@gmail.com

Tlf. 981754020