O Concello de Carnota desenvolveu unha presentación das xornadas de turismo consciente

“Unha viaxe sostible para unha vida consciente". Carnota combina o crecemento persoal e a espiritualidade do Camiño a Fisterra para promover unha forma consciente de viaxar
Presentación "Unha viaxe sostible para unha vida consciente"
Presentación "Unha viaxe sostible para unha vida consciente"
Costa da Morte » Carnota
martes, 24 Setembro, 2019

Onte tivo lugar a presentación do proxecto"Unha viaxe sostible para unha vida consciente" no Concello de Carnota, unha iniciativa enmarcada dentro do programa O teu Xacobeo que consiste na realización de 4 xornadas que combinan alimentación saudable, sesións culturais e actividades de mindfulness como ioga ou pilates.

Durante a celebración do acto de presentación interviron o alcalde Juan M. Saborido Rama, que recordaba a aposta do Concello polo turismo sostible e o compromiso co medio, a presidenta da Asociación de Empresarios de Carnota, Olga Formoso Beiro, Fátima Rodríguez Figueiras en representación da Senda das Estrelas e o Delegado Territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro Tato que subliñaba o carácter innovador do proxecto do Concello de Carnota e engadía "Carnota ten moitas fortalezas e extraordinarias potencialidades a nivel turístico".

As actuacións a desenvolver no marco do proxecto “Unha viaxe sostible para unha vida consciente” en Carnota, correspóndense con catro xornadas de Turismo consciente dirixidas unhas a poboación local e outras a visitantes son as seguintes:

1. Xornada envellecemento activo para mulleres. O 24 de setembro. 
2. Xornada creativa para mulleres.  O 25 de setembro. 
3. Xornada colectivos en situación de vulnerabilidade. O 26 de setembro. 
4. Xornada de surf. O 27 de setembro. 

Máis información en: www.carnota.gal