O concello de Carnota organiza 'Os venres... Andaina'

Andainas organizadas polo Concello de Carnota para coñecer o seu patrimonio natural, histórico, etnolóxico e arqueolóxico
luns, 29 Xullo, 2019

O Concello de Carnota organiza, todos os venres de xullo e agosto, andainas temáticas guiadas de balde. Para participar é necesario facer inscrición previa, ben presencialmente no Concello ou a oficina de turismo, chamando ao 981857032 ou escribindo un correo electrónico a turismo@carnota.gal. Os menores de 12 anos poderán participar sempre que vaian acompañados dunha persoa adulta. Saída ás 9:30h agás os roteiros de Carnota e o seu patrimonio (nocturnas).

As sendas propostas son as seguintes:

Museo Arqueolóxico Aberto: percorrido por algúns dos petróglifos conservados nos montes de Carnota (dificultade baixa). Datas: 5 de xullo e 2 de agosto.

Subida ao Monte Pindo dende O Fieiro: roteiro até o cumio da Moa repasando as lendas e historia deste monte emblemático. Dificultade media. Datas: 12 de xullo e 23 de agosto.

Ruta dos Muíños: percorrido polo patrimonio fluvial (dificultade baixa). Datas: 19 de xullo e 30 de agosto.

Carnota e o seu patrimonio (nocturna): dificultade baixa. Saída ás 21:30 h. Datas: 26 de xullo (roteiro polo mirador de Lira, petróglifos das Laxiñas) e 26 de agosto (hórreo de Carnota, petróglifos da Laxe Escrita e lavadoiro de Vilar).

Senda Azul: roteiro pola beiramar de dificultade baixa. Data: 9 de agosto.

Máis información e programación completa #Verán2019 en: www.carnota.gal

#carnotaetua