O Concello de Carnota recibiu un premio na Feira Internacional de Turismo de Berlín

O vídeo "O Legado", realizado polo Concello de Carnota para a promoción do municipio, foi galardoado nos The Golden City Gate Awards durante a ITB de Berlín
Recollida do premio
Recollida do premio
Costa da Morte » Carnota
martes, 13 Marzo, 2018

O novo vídeo turístico e institucional do Concello de Carnota, que leva por título ‘O Legado’, acaba de ser galardoado nos The Golden City Gate Awards 2018, que son considerados os premios audiovisuais máis prestixiosos a nivel mundial dentro da industria do turismo.

O premio recolleuno o alcalde, Ramón Noceda, durante a Feira Internacional de Turismo de Berlín (ITB), o pasado sábado 10 de marzo.

‘O Legado’, unha produción en versión orixinal galega, recibiu o segundo premio na categoría de rexións. Trátase dun galardón destinado a atraer o turismo internacional á zona.

Xa podedes velo na páxina web do concello de Carnota.