O Concello de Cerceda convida a coñecer os seus museos de balde

Cerceda ofrece visitas guiadas gratuitas polos seus catro museos dende o mes de novembro ata xuño
Terras de Santiago » Cerceda
luns, 8 Outubro, 2018

Cerceda abre as portas dos seus catro museos ata o verán de 2019 ofrecendo visitas guiadas de balde que se poden axeitar a curiosidade do visitante; pode percorrelos todos ou só aqueles que máis lle chamen a atención. 

 

O Ecomuseo é onde a riqueza paisaxística, medioambiental, industrial, histórica e humana de Cerceda aparece representada.

O Museo do Moucho único e peculiar, homenaxea a unha ave tradicionalmente rexeitada polo mal agoiro que representaba.

O Museo da Minería amosa a gran imprenta paisaxística e socioeconómica que supuxo a existencia da Mina de Meirama en Cerceda.

O Xardín Botánico e a Aula da Natureza constitúen un recanto natural para o paseo e descanso, a vez que serve para a aprendizaxe sobre espazos naturais.

 

O horario de visita é de luns a venres 9:30-16:00 e, para os visitantes que o soliciten, de 10:00-13:00 os sábados.

Os interesados en apuntarse deberán reservar por tfno: 682348556 / 981685001, ou ben, nos seguintes enderezos electrónicos: museos@cerceda.es / infoturismo@cerceda.es

Máis información aquí (no apartado de museos).