O concello de Dumbría oferta rutas guiadas de balde polo Monte Pindo durante este verán

Descubre os segredos do Olimpo Celta os martes e xoves da man do Señor Pepe do Fieiro
Costa da Morte » Dumbría
martes, 23 Xullo, 2019

En xulloagosto e setembro, a área de Turismo do Concello de Dumbría oferta a posibilidade de realizar rutas guiadas polo Monte Pindo, coñecido popularmente como o olimpo celta da Costa da Morte. Estas rutas desenvólvense os martes e xoves, con previa inscrición e de balde.

Toda unha experiencia para os amantes da natureza, do deporte e da cultura local na que gozarán dunha xornada co señor Pepe do Fieiro, o mellor coñecedor do Monte Pindo. Un persoeiro curioso que cos seus 85 anos é unha memoria viva e moi dinámica.

 

Só tes que vir para descubrilo!

 

+INFO: 

 

#DumbríaéDeporte #DumbríaéTurismo #DumbríaéÚnic