O concello de Oleiros oferta rutas guiadas de balde polo Monumento Natural Costa de Dexo-Serantes durante os meses de xullo, agosto e setembro

Entradiña: 
As visitas realizaranse os mércores, xoves, venres e sábados pola mañá
A Coruña e As Mariñas » Oleiros
Imaxe: 
martes, 23 Xullo, 2019
Descrición: 

Durante os meses de xullo, agosto e setembro o Concello de Oleiros oferta rutas guiadas gratuítas polo Monumento Natural Costa de Dexo-Serantes. As persoas interesadas en apuntarse deberán reservar a súa praza chamando ao teléfono 981 618 154. As visitas realizaranse os mércores, xoves, venres e sábados pola maña. Os técnicos municipais de turismo amosarán os valores naturais, culturais e etnográficos deste marabilloso espazo protexido.