O concello de Ortigueira pon en marcha un dispositivo para regular o acceso ao Banco de Loiba na ponte de maio

Por mor da ponte de maio o concello de Ortigueira reforza os servizos turísticos no Banco de Loiba
luns, 30 Abril, 2018

O concello de Ortigueira con motivo da ponte de maio porá en marcha un dispositivo para regular o tráfico no Banco de Loiba.

Dende o sábado 28 de abril ata o martes 1 de maio a DP-6104 a partir do tramo da Penela estará pechada.

Os turistas e visitantes poderán deixar os seus vehículos nas zonas de aparcamento habilitadas e coller o autobús gratuíto que os levarán ata o entorno do Banco; durante estes días este servizo reforzarase con auxiliares que presentarán atención e información dende as 11:00 ata as 20:00.

Ademais, o punto de información turística situado na AC-862 abrirá dende o sábado 28 de abril ata o martes 1 de maio de 11:00 a 14:30 e de 15:30 a 20:00 horas.

Do mesmo xeito a oficina de turismo de Ortigueira, amplía o seu horario de 10:00 a 14:00horas e de 16:30 a 19:00 horas o sábado e luns; mentres que o domingo e martes o horario será de 11:00 a 14:00 e de 16:30 a 19:00 horas.

Visita o Banco de Loiba!