O concello de A Pobra do Caramiñal ofrece viaxes pola ría de Arousa en veleiro do 20 de xullo ao 25 de agosto

O traxecto guiado será de 1 hora e 15 minutos e salirá pola mañá e pola tarde os sábados e domingos
Ría de Arousa Norte » A Pobra do Caramiñal
martes, 23 Xullo, 2019

Dende o 20 de xullo ó 25 de agosto, poderase navegar pola ría de Arousa dende A Pobra do Caramiñal para divisar as bateas, embarcacións e a paisaxe. 

O traxecto guiado será de 1 hora e 15 minutos e sairá en quendas de mañá e de tarde os sábados e domingos ás: 11:00, 13:00, 16:30, 18:00 e 19:30 h.

Os prezos por persoa son: 12€ por adulto, 8€ por neno/a menor de 12 anos e as familias con máis dun neno/a terán desconto.

A reserva e compra previa de tíckets débese realizar na oficina de turismo da Pobra do Caramiñal sita na Casa Mariñeira (no parque do Castelo).

Máis información consultando a web www.apobra.gal, a páxina de Facebook Turismo A Pobra do Caramiñal, ou chamando ó 687 482 835 ou ó 671 090 262.

Organiza a Concellería de Turismo da Pobra do Caramiñal.