O Concello de Rianxo mellora a accesibilidade das praias de Tanxil e Quenxo

Entradiña: 
De cara a unha nova tempada de verán, o Concello de Rianxo conta con melloras na accesibilidade nas praias de Tanxil e Quenxo
Barbanza-Arousa » Rianxo
Imaxe: 
Mellora da accesibilidade nas praias Tanxil e Quenxo, en Rianxo
venres, 20 Abril, 2018
Descrición: 

As persoas que visiten as praias rianxeiras de Tanxil e Quenxo atoparán as melloras realizadas en materia de accesibilidade. No último ano leváronse a cabo intervencións nos devanditos lugares, consistentes na habilitación de ramplas, de aseos adaptados e de zonas de descanso. Con estes equipamentos, o Concello de Rianxo pretende facilitar o goce dos servizos turísticos a todas as persoas que se acheguen ao municipio.

Máis información das obras realizadas na páxina web do Concello de Rianxo.

Toda a información turística de Rianxo na páxina web de turismo.

Dálle a "gústame" na páxina de facebook de Turismo de Rianxo para estar ao día.

Rianxo, o mar feito tradición.