O concello de Vimianzo oferta diversas actividades para este verán de 2018

Vimianzo realiza diversas actividades nos seus recursos patrimonias para todo aquel que queira achegarse a súa comarca
xoves, 26 Xullo, 2018

O concello de Vimianzo, realiza diversas actividades para dar a coñecer o seu patrimonio, este verán de 2018.

Noite no Castelo: o día 27 de xullo as 22:30 poderás descubrir os segredos da fortificación que se aprecian a luz da lúa.Para asistir e preciso inscribirse en turismo@vimianzo.gal.

Visita ao Castro das Barreiras: o día 28 de xullo as 13:00 o concello de Vimianzo invítate a coñecer a historia e apreciar as escavacións arqueolóxicas deste patrimonio. É un evento libre para todos os públicos onde e preciso solicitar reserva.

Concerto do coro Saint Lua de Banabakintú: grazas a asociación de cooperación Égueire de Costa de Marfil o día 3 de agosto as 19:30 a música invadirá o Castelo de Vimianzo coa actuación deste coro africano.

Visita megalítica no embalse de A Fervenza e o dolmen de Pedra Arca: o día 4 de agosto as 11:30 poderase gozar do megalitismo deste concello. É Preciso realizar una inscrición en en  turismo@vimianzo.gal ou no teléfono 981-71-60-01 (ext 1235) ou no  castelo 981-716-354.

Máis Información