O faro de Cabo Vilán acolle unha nova exposición este mes de xullo

A exposición estará vixente do 10 ao 31 de xullo
Peter Schneider:  «Ao carón do mar»
Peter Schneider: «Ao carón do mar»
luns, 12 Xullo, 2021

Do 10 ao 31 de xullo  a sala de exposicións que xestiona a Asociación de Empresarios e de Promoción Turística de Camariñas no faro de cabo Vilán, acolle a exposición de fotografía «Ao carón do mar» de Peter Schneider, nacido en 1963 en Frankfurt, Alemaña. Dende 1988 traballa como fotógrafo en estudos de fotografía social, estudos de publicidade e en axencias publicitarias. En 1992 comezou o seu traballo como  freelance. En 1993 gaña a Bolsa de Arte Fotográfica do Estado Federal de Baixa Sajonia cunha serie sobre Galicia. De 1998 a 2004 viviu en Malpica e agora reside en Lugo, dende onde traballa para diferentes axencias de publicidade, empresas e editoriais. Continúa a súa labor en fotografía social e tamén exerce como profesor de fotografía.

 

Algunhas exposicións relevantes

1992 Semana Internacional dá Arte.  Kleinsassen.

1993 Galería de Arte de  Wilhelmshaven (Alemaña)

1994 Galería Sargadelos. Santiago de Compostela.

1995 Sala de Arte de  Bydgoscz (Polonia).

1996 Museo Marítimo de  Rótterdam (Holanda).

1997 Galería Perspectiva de  Wilhelshaven.

1999  Escola de  Imaxe e Son de A Coruña.

2003 Sala de Madariaga, A Coruña

2004 Museo de Bergantiños, Carballo

2006 Museo  do  Pobo  Galego, Santiago de Compostela

2008 Galería  Amararte, Lugo. Quiosco Alfonso,  homenaxe a “Curros Enríquez”, (colectiva)

2010 Museo Provincial, Lugo

2010 – 2011 Museo  do Mar de Galicia, Vigo

2011 Feira de Arte  SP-Foto, Sao Paulo, Brasil

2011 Museo  do  Pobo  Galego, Santiago de Compostela