O Faro de Cabo Vilán acolle unha nova exposición no mes de agosto

A sala de exposicións do faro de Cabo Vilán acolle durante o mes de agosto unha nova exposición de pintura.
Costa da Morte » Camariñas
luns, 3 Agosto, 2020

Do 01 ao 31 de agosto a sala de exposicións que xestiona a Asociación de Empresarios e de Promoción Turística de Camariñas no faro de cabo Vilán, acolle a exposición de pintura «Galicia in Watercolour» de Christopher Loffman.

Christopher Loffman naceu en Warwickshire, Inglaterra, onde estudiou Arte e Deseño antes de graduarse e traballar como deseñador industrial en Londres. Agora, xubilado, vive en Camariñas. O seu amor pola paisaxe local, a arquitectura, a vida vexetal e as súas mascotas refléxanse en moitas das pinturas exhibidas na exposición.