O Faro de Cabo Vilán acolle unha nova exposición no mes de setembro

A sala de exposicións do faro de Cabo Vilán acolle durante o mes de setembro unha nova exposición de pintura, escultura e audiovisual.
Costa da Morte » Camariñas
luns, 7 Setembro, 2020

Do 5 de setembro ao 3 de outubro a sala de exposicións que xestiona a Asociación de Empresarios e de Promoción Turística de Camariñas no faro de cabo Vilán, acolle a exposición de pintura, escultura e audiovisual «Colectiva Intimidade».

Esta é unha mostra colectiva paralela a mostra que se pode ver na sala Os Catro Gatos en Santiago de Compostela, nela podemos ver obras dos artistas: Abe Rábade, Andreas Ruíz, Camilo Seira, Delio Sánchez, Inés Silvalde, Iñaki Canterla, Leonor Ruíz Dubrovin, María Magán, Marisa Calderón,  Tino Canicoba, Vicente Ruíz Soldevilla e Xabier Liz.