O festival de arte pública de Carballo "Rexenera Fest" xa comezou e conta coa presenza de numerosos artistas

Do 27 de maio ao 9 de xuño o festival de arte pública de Carballo acolle artistas de China, Arxentina, Italia, Valencia ou Ordes para mudar a vila a golpe de brocha e spray
PichiAvo pintando no festival
PichiAvo pintando no festival
Costa da Morte » Carballo
xoves, 30 Maio, 2019

O Rexenera Fest cumpre cinco anos e o fai con máis saúde ca nunca con seis artistas chegados dende todos os currunchos do globo para seguir aumentando o museo ao aire libre no que se ten convertido Carballo grazas aos seus murais e grafittis. Pero cada ano o Rexenera Fest é máis. É un montón de actividades gratuítas que van de seminarios a masterclasess, microconferencias, música en directo, rutas ou a posibilidade de ver día a día o traballo dos creadores, que van construíndo da nada imaxes fantásticas, críticas, ou simplemente fermosas. Este ano os artistas convidados veñen de China, Italia, Arxentina, Valencia e Barcelona, e coa presenza galega chegada dende Ordes. Unha escolma dos mellores muralistas do momento para situar a Carballo no mapa do arte urbano mundial.

As datas son do 27 de maio ao 9 de xuño, aumentándose a duración dunha semana a  15 días nos que o festival continuará dando sentido aos obxectivos de Derrubando muros con pintura para converter a Carballo nun punto de referencia da cultura urbana e da arte contemporánea e seguir dando vida ao recurso turístico da vila con máis solicitudes de visitas guiadas ao ano e un dos máis importantes a nivel global en todo Concello xunto coa nosa costa. Os nomes dos artistas son Millo, que actúa na rúa Poñente; SATR, que actúa na Avenida da Cristina; Pichiavo, que actúa na rúa Luís Calvo a carón do Pazo da Cultura; Marina Capdevila, que actúa na avenida de Bergantiños; Lidia Cao, que pinta na rúa Vila de Negreira; e Milu Correch que o fará no edificio Fórum Carballo.

Arte dende todos os puntos de vista, para toda a cidadanía e cun especial fin de festa no Fórum Carballo. Vinde ao Rexenera Fest!